Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O tempo permite desfrutar da Cabalgata de Reis en Redondela

WhatsApp Image 2024-01-05 at 13.10.21

Foto das carrozas na recepción estática desta mañá na carpa do Campo da Feira

Logo de recibir a ducias de nenos e nenas esta mañá na carpa do campo da feira na súa cabalgata estática, esta tarde sairán á rúa. Ante a previsión de melloría meteorolóxica, a alcaldesa Digna Rivas informa de que “afortunadamente as carrozas sarián polo centro da vila. A ilusión dos nenos e nenas é o máis importante nestas datas”. Desde a concellería de Cultura Rita Pérez adianta que será “o mellor desfile de Reis da historia” cun total de seis carrozas ambientadas nos contos clásicos infantís e con moitas sorpresas”. A cabalgata sae ás rúas ás 18:00 h desde Praza de Ponteareas.

Rita Pérez, Concelleira de Cultura

Xa ás 17:00 horas o tráfico estará  pechado no treito entre o Supermercado DIA e o Convento de Vilavella para montaxe de carrozas. O peche do tráfico no casco Urbano será ás 18:00 horas polo desfile de carrozas dende o Convento ata a rúa Xeneral Rubín, dando volta no Campo da Feira para rematar no Concello.

O peche de tráfico en Chapela está prevista ás 18:00 horas no Alto da Encarnación e nas 4 Pontes (límite co Concello de Vigo) polo desfile de carrozas pola Avenida de Vigo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará