Hoxe é Domingo 28 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello de Soutomaior agasalla aos veciños cun calendario exclusivo de Luís Seoane

manu_lourenzo_2

As 4 mil copias que fixeron do calendario contan con diversas láminas que son propiedade da Fundación Luís Seoane e así como un tapiz de Luís Seoane e Elena Montero que é propiedade do Concello de Soutomaior. Entre as láminas do calendario destacan Coidado das Vacas do ano 1954 ou El e ela de 1973.  Co calendario as Súas Maxestades están entregando tamén a lámina Mariñeiro do 1953.

O alcalde de Soutomaior quere agradecer ademais da Fundación Luís Seoane, pola cesión das imaxes dos cadros, o traballo de reparto que fixeron as Súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar, de Papá Noel e dos seus axudantes e do Apalpador” que fan chegar nestes días os calendarios a toda a veciñanza.

O alcalde, Manuel Lourenzo, ten claro que se trata dun calendario que terá valor máis alá deste 2024 e confirmou “estar a recibir petición de todos os puntos do país”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará