Hoxe é Domingo 28 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cine infantil, maxia e teatro na programación de Nadal de Redondela

Teatro ao Cubo

Foto de Teatro ao Cubo

A programación de Nadal inclúe este ano como novidade a proxección de películas para público infantil e familiar no auditorio da Xunqueira. Hoxe, día 3 de xaneiro, a cita é co filme “Minions: el origen de Gru”. Trátase dunha divertida longametraxe de animación para todos os públicos. Desde a concellería de Infancia a responsable Pilar Martínez convida a nenos e adultos a achegarse ao auditorio da Xunqueira para gozar desta proxección. A cita é ás 18.30 horas con entrada de balde ata completar o aforo.

Tamén hoxe haberá maxia e humor con “Teatro ao Cubo”. Un espectáculo de circo totalmente interxeracional e para todos os públicos, para gozar en familia e dende calquera idade. Un espectáculo de variedades en galego no que hai clown, maxia, acrobacias, humor, malabares, monicreques… e que recupera a estética dos circos ambulantes de antes. Poderá verse no multiusos de Chapela ás 18.00 horas con entrada de balde ata completar aforo.

Para mañá a programación inclúe no auditorio da Xunqueira a obra “Antón, un neno diferente” de Barafunda Teatro. É a historia de Antón, un neno que naceu fisicamente distinto aos habitantes da súa vila, por iso se burlaban del e culpábano de todo o malo que pasaba na vila. Un día unha epidemia de varicela infectou a toda a poboación menos a Antón, e os veciños decidiron expulsalo da vila. Na súa viaxe atópase co Mago Uxío, que está baixo un feitizo e ofrécelle ao neno cumprir un desexo se lle axuda a desfacerse do embruxo. Durante a súa viaxe, Antón coñece a personaxes da tradición oral galega, como Edoardo o Biosbardo, a presumida Coca de Redondela, unha Maruxaina furiosa e Ramiriño o Demiño, obsesionado cos videoxogos.  O espectáculo está dirixido a público infantil e familiar, mañá xoves ás 18.00 horas no auditorio da Xunqueira ata completar aforo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará