Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Obradoiro “Redondela Máis que Bela IV” restaurará un bote de case un século de historia

353751773_712387644022236_3964016171122428939_n

O Obradoiro de Emprego “Redondela Máis que Bela I”V está a formar a 10 desempregados nas especialidades de xardinería forestal e agricultura ecolóxica. Realizarán traballos nas fincas da Coutada e do camiño da Vía Vella, e os xardíns das rotondas de Vilavella e Vilar de Infesta. Tamén formarán ao alumnado do CEIP Reboreda nos traballos da horta, e continuarán coas plantacións na finca e a horta de Pousadouro.

Por outra banda está a realizarse unha formación innovadora con outros 10 alumnos en carpintería de ribeira, que se encargarán da recuperación e posta en valor do emblemático bote “Manuel”, unha embarcación tradicional da enseada de San Simón e que data de finais dos anos 30 do século pasado. O bote foi construído por encargo de Faustino Otero Lino nunha carpintaría de San Adrián de Cobres. É unha embarcación adaptada ás características da enseada de San Simón, con proa recta, que ademais de ser utilizada para pesca tamén abastecía de víveres e roupa limpa desde a Portela á Illa de San Simón, convertida en prisión durante a Guerra Civil.

O alumnado traballador do Programa de Emprego de Redondela TIC III, na modalidade de Hostalaría e Cociña, traballa desde outubro. Os oito participantes foron os encargados, xunto ás súas profesoras, de realizar e servir os petiscos de Nadal do Concello de Redondela. Os oito alumnos da cuarta especialidade, Deseño Gráfico para a Comunicación, realizan material gráfico impreso e dixital para distintas áreas do Concello e diferentes soportes publicitarios.

O obxectivo destes obradoiros é mellorar a empregabilidade dos participantes para que, unha vez rematada a formación teórica e práctica, se incorporen ao mercado laboral e atopen un emprego.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará