Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xubilación do xefe de correos de Redondela, Leonardo Cabaleiro

leonardo

O director da oficina de Redondela Leonardo Cabaleiro xubílase hoxe logo de máis de corenta anos de servizo. Un traballo que compatibilizou coa súa vida política como secretario local do PSdeG e como concelleiro socialista en Redondela durante nove anos ata a súa dimisión no ano 2020.
Leonardo Cabaleiro iniciou a súa vida laboral en Correos no ano 1979. Sería no 1985 cando aproba a oposición como funcionario de carreira en Correos además de conseguir unha praza de Especialista de estacións en RENFE. En Correos desenvolvería diferentes postos de Director en oficinas como a de Vilagarcia de Arousa, Vigo e outras da provincia, terminando a súa traxectoria na oficina de Redondela, a oficina da súa localidade e onde comezou o seu servizo.
Logo de máis de 40 anos e tras compatibilizar esta labor coas súas responsabilidades como concellerio despídese hoxe dos seus compañeiros de corrreos quen salientan “o seu bo carácter, trato humano e capacidade de resolución o que fai que a cidadanía o aprecie e o recoñeza como unha persoa próxima, afable e empática”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará