Hoxe é Xoves 9 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

19 clubs da contorna únense para celebrar o Torneo Solidario Recambios Ochoa do Choco

400858023_662691089182996_8299892531886876631_n

O CD Choco invitou aos equipos das categorías Benxamín e Alevín dos clubs da contorna para celebrar un ano máis o torneo no que a solidariedade é a protagonista.  Os membros dos equipos terán que traer alimentos non perecedoiros para doar a Cáritas. A intención é recadar o maior número de quilos posibles e unir aos distintos clubs por unha boa causa.

Desenvolverase  do 29 ao 30 de decembro no campo de Santa Mariña.  O venres 29 é a quenda dos benxamíns e o Sábado 30 dos alevíns. As dúas xornadas transcorreran de 10:00 h a 16:30 h dividindo os equipos por grupos. Os partidos disputaranse nunha parte de 30 minutos a tempo corrido. En caso de empate nos partidos de eliminatoria terá lugar unha tanda de 3 penaltis. Ademais da fase final haberá tamén unha de consolación con entrega de premios.

Entre os asistentes están confirmados 19 clubs entre os que se atopan:

BENXAMÍN

Pabellón de Ourense CF, EF Portero 2000, Coruxo FC, UD Mos
EF Villa de Marín, CD Conxo, Arosa SC, UD Ourense, CD Soutomaior, AD Vila de Corpus, RC Celta de Vigo, EFB Moañesa, Club Rápido de Bouzas, EDC Xinzo, Escola Estrada FB.

ALEVÍN

Coruxo FC, UD Ourense, RC Celta de Vigo, EF Portero 2000, AD Vila de Corpus, Alondras CF, CD Conxo, EDC Xinzo, EF Villa de Marín, Xuventude de Oroso,b Arosa SC, Pabellón Ourense FC, EFB Moañesa, Club Rápido de Bouzas, Pontevedra CF.

A novidade deste ano é o cambio do nome do evento que pasa a chamarse Torneo Solidario Recambios Ochoa. A empresa é o novo patrocinador da base e dende a directiva explican que “propuxemos o nome do torneo e estiveron acordo desde o minuto uno”. Ademais de colaborar co club todo o ano farase cargo tamén dos gastos dos trofeos deste evento. O Concello de Redondela e a Deputación de Pontevedra porán a disposición do Choco valos, arcos inchables, carpas pequenas e o material necesario para unhas xornadas desta envergadura.

O Choco lembra que por alimentos non perecedoiros corresponden, por exemplo, ao atún enlatado, garavanzos, sopas e pastas enlatadas, verduras, olivas envasadas ou salsas en lata. Tamén os legumes, arroces e pastas crúas que veñen envasadas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará