Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela impulsa o voluntariado

pilar martinez

A aprobación inicial do Plan Municipal de Voluntariado supón a posta en marcha dun ambicioso programa que busca recrutar a veciños e veciñas de calquera idade, dispostos a doar o seu tempo e participar de iniciativas solidarias en ámbitos tan diversos como o voluntariado medioambiental, o acompañamento a persoas maiores ou o traballo social. As persoas interesadas poden inscribirse no teléfono 986400300.

Pilar Martínez, concelleira

A concelleira Pilar Martínez insiste en que o programa está aínda nunha fase embrionaria pero que de cara súa posta en marcha o máis cedo posible xa están elaborando as bases de datos nas que se recollen os contactos de todas esas persoas que queren participar en accións solidarias de voluntariado.


Unha organización por áreas que permitirá conformar diferentes equipos para realizar accións voluntarias que cheguen a numerosos ámbitos e que en ningún caso buscan substituír a labor dos profesionais. Enumera como exemplo accións de acompañamento a persoas maiores que viven soas “non é ir ao seu fogar para realizar tarefas que xa realiza a familia ou o persoal do SAF, senón para charlar, xogar as cartas ou simplemente acompañar”.
Con todo, a labor do voluntariado pode ser medioambiental, de acción social, de carácter sociosanitario, dereitos humanos, da infancia, das persoas con discapacidade, igualdade de xénero, educativas, loita contra a pobreza e a exclusión social, culturais, de ecoloxía, deportivas ou de lecer e tempo libre… as accións poden ser numerosas e en diferentes ámbitos que dependerán en boa medida do perfil e do número de persoas que se inscriban.

Hai xa formuladas actividades concretas como a visita que alumnado da escola de danza Deborah via facer durante estas festas aos centros de día de Redondela para entregar aos seus usuarios un pequeño agasallo de Nadal. Unha actividade puntual pero que busca multiplicarse durante todo o ano.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará