Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Adiado acendido de luces de nadal en Chapela

407477546_661426346164622_7383466511756647311_n

Por mor das previsións de chuvia o acendido en Chapela previsto para o domingo 3 de decembro desprázase ao martes 5 ás 19:00 horas na Alameda de Rosalía de Castro.

As actividades para festexar este comezo do Nadal contarán con teatro, música e animación. Ás 17.30 horas Teatro ao Cubo representará o espectáculo Ghop!!, para público infantil e familiar. A música chegará da man de Paco Nogueiras ás 18.30 horas co seu último traballo “C@nto contigo”, e ás 19.00 o espectáculo Aves do Paraíso de Barafunda e a Coca Simona. As luces prenderanse ás 19.45 horas na Alameda de Rosalía de Castro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará