Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Javier Bas amósase tranquilo trala denuncia de Rivas “porque non calumniei a ninguén”

pp

Novo capítulo político e xudicial logo de que a alcaldesa Digna Rivas presentase no xulgado unha denuncia contra o voceiro do PP por supostas calumnias contra a súa persoa tras asegurar Bas que a alcaldesa “firmou e enviou documentación falsificada para unha subvención para a reforma do mercado de Abastos e ocultou esta gravísima irregularidade ata que o Partido Popular o denunciou”. Unha afirmación na que se ratifica o concelleiro popular quen lamenta que se “xudicialice a política” .

Lembra Bas que o obxectivo do seu partido en todo momento era “aclarar o acontecido e depurar responsabilidades políticas” polo que continúan a espera da investigación que está a desenvolver un funcionario do Concello e na que se determinará si se incorreu ou non nun delito de falsidade documental. A partir do resultado de dito informe insiste “no caso de demostrarse que houbo falsificación documental a responsable política será de Digna Rivas”.

Lamenta ademais que Rivas anuncie que as conclusións preliminares do informe a exclúen totalmente de calquera responsabilidade nesa presunta falsificación “cando a nós o funcionario que está a realizar dito informe nos asegura que ninguén tivo acceso a esas conclusións preliminares”.

Finalmente Bas insiste en que “sabiamos que a alcaldesa tiña que ir ao Xulgado se realmente quería denunciarme, o que non entendemos é que dez días antes fixera ese trámite na policía nacional, supoñemos que foi un erro produto do seu nerviosismo”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará