Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rivas leva ao xulgado a Javier Bas

bas+rivas

A alcaldesa decidiu dar un paso máis e, logo de acudir hai dez días a dependencias policiais a presentar unha denuncia contra Javier Bas por supostas calumnias contra a súa persoa, hoxe acudiu aos xulgados de Redondela para presentar a correspondente querela. Insiste Rivas en que recorre á vía xudicial “obrigada polas gravisimas acusacións do voceiro do PP” quen a acusara de firmar e enviar documentación falsa para obter unha subvención.

Á espera de coñecer o resultado da investigación interna que se está a realizar de cara a aclarar as supostas irregularidades detectadas nun expediente de solicitude dunha subvención,  a alcaldesa decidiu presentar no día de hoxe no xulgado de instrución de Redondela unha querela contra Javier Bas, voceiro do Partido Popular, por un posible delito de “calumnias con publicidade”.

Na querela ponse de relevo que as manifestacións realizadas por Bas nas que afirmaba que a rexedora “firmara e enviara documentación falsa” para solicitar unha subvención para a reforma da praza de Abastos “foron difundidas polos medios de prensa escrita e dixital, tendo unha ampla repercusión no ámbito municipal”. O escrito recolle que, tendo en conta a condición de alcaldesa de Digna Rivas, o líder da oposición “difunde unha información falsa sobre a comisión dun delito coa evidente finalidade política de danar a súa imaxe e reputación sen ningún tipo de proba”.

A alcaldesa conclúe afirmando que no Concello hai aberta unha investigación interna sobre este expediente cuxas conclusións preliminares “exclúen totalmente de calquera responsabilidade nesa presunta falsificación tanto a Digna Rivas como ao resto dos integrantes do actual goberno”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará