Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior e Pazos colaboran para mellorar a atención nos Servizos Sociais

souto+pazos

Os alcaldes de ambos os dous municipios, Manuel Lorenzo e Luciano Otero, veñen de asinar un convenio de colaboración para a contratación dunha praza de educador familiar que estará compartido entres os dous concellos.

Para levar a cabo esta contratación empregaranse fondos municipais de Soutomaior e Pazos de Borbén, que asumen o 60% e o 40% da achega municipal respectivamente. Estes fondos supoñen dous terzos do custo total do servizo, aos que se suma unha achega da Deputación de Pontevedra, que completa a totalidade do custo do servizo.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo afirma que malia que esta axuda da Deputación foi solicitada polos Servizos Sociais durante case 20 anos e sempre foi concedida, o anterior goberno nunca a executou e devolveu sistematicamente os fondos. Este será o primeira vez que se empregue esta axuda para contratar un educador ou educadora familiar que estará a disposición da veciñanza de Soutomaior e de Pazos de maneira totalmente gratuíta.

Coa incorporación dun educador ou educadora familiar, mellorarase o servizo que ofrece o Centro de Benestar Integral de Soutomaior que busca dar unha atención mellorada ás persoas que se atopan en situación de indefensión.

Lourenzo sinalou que “este é o primeiro gran acordo de colaboración cun concello veciño como é Pazos de Borbén, pero non o último. Dende Soutomaior seguiremos traballando na colaboración con concellos veciños e outras administracións para mellorar os servizos e a calidade de vida da nosa veciñanza”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará