Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela abre o prazo de inscrición no programa de conciliación de Nadal

nadal

Igualdade oferta un total de 180 prazas nas diferentes parroquias do concello. Orientadas a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade, as persoas interesadas en inscribirse deberán presentar a súa solicitude no rexistro do concello dende hoxe ata o 1 de decembro.

Co obxecto de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar, a concellería de Igualdade retoma o programa municipal de conciliación para as vacacións escolares de Nadal que se desenvolverá en horario de mañá de 09:00 a 14:00 horas durante os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro de 2023 e 2, 3 e 4 de xaneiro de 2024.

O número de prazas ofertadas son 180 e o campamento desenvolverase no CEIP Plurilingüe Porto Cabeiro (15 prazas), CEIP Plurilingüe de Cedeira (15), CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas (30), CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda (45), CEIP Plurilingüe Quintela (15), Pavillón de Reboreda (15) prazas e Conservatorio Municipal Víctor Ureña (45).

A documentación desta convocatoria está publicada na páxina web municipal e pode solicitarse tamén en papel na Casa do Concello ou nas oficinas do Centro de información á muller (CIM). As solicitudes deberán presentarse no Rexistro xeral do Concello. O prazo para a presentación de solicitudes será do 20 de novembro ao 1 de decembro, ambos dous días incluídos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará