Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Contacontos en Chapela en torno á diversidade

PLANETA-LGTBIQ-3


A Federación de Anpas organiza este venres 17 ás 18:00 horas unha actividade orientada a público infantil e familiar co espectáculo “Planeta LGTBIQ” a cargo de A Trastenda dos Contos (Caxoto). Unha proposta de balde no Multiúsos do Piñeiral que serve para poñer en valor o respecto pola diversidade.
O Planeta M’BURRO é moi aburrido. Alí todo é monótono, todos se visten igual, as comidas todas saben igual. Cando M’burrido vai de expedición a terra observa que aquí nos gusta a diversidade: as persoas visten diferente, opinan diferente, que cada comida é un mundo de sensacións, e o máis curioso e que cada familia é diferente.
Unha viaxe interplanetaria para poñer en valor o respecto pola diversidade. Un contacontos para que os cativos gocen dun momento de lecer.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará