Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pablo e Sabina do club de patinaxe de Arealonga campións de Europa

352175208_1215105375839947_6809602383975921004_n

Sabina Gómez e Pablo Mendoza do CPA de Arealonga proclamáronse campións de Europa na categoría infantil artística por parellas durante a Copa de Europa de Danza celebrada en Púa (Croacia) a comezos de novembro.

O dúo de Arealonga levan pouco máis dun ano adestrando xuntos no club redondelán e sen embargo xa conseguiron un título europeo e un a nivel estatal. O verán pasado recollían o título de Campións de España na competición celebrada en Tarragona.

Segundo a adestradora, Nerea Estévez, o nivel nunha competición continental é moito máis alto, polo que o triunfo foi “un orgullo, pero tamén unha gran sorpresa”.  O rival máis forte ao que se enfrontaron foi o tándem do Alexmar cántabro, ao que xa derrotara no estatal e ao que superaron por 3 puntos na clasificación final.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará