Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vitoria do equipo de billar Chapela-Rodavigo na liga nacional

399097850_830757235514495_38108551681333911_n

A equipa do Círculo Cultural Recreativo de Chapela, C.C.R. Billar Chapela-Rodavigo, participa un ano máis na liga nacional de 2ª división de billar 3 bandas. O conxunto redondelán está encadrado dentro do grupo C onde compiten os equipos Club Billar Alcobendas (Madrid), Alcalá B.C. (Madrid), Club Billar Valladolid (Valladolid), Club Billar R.G.C. Covadonga (Asturias) e Club Billar Chantada (Lugo).

A pasada fin de semana desenvolveuse a terceira xornada da liga e os de Chapela foron os anfitrións, acadando un resultado moi positivo de 8-0 fronte ao Club Billar Alcalá. Os xogadores convocados foron: Rogelio Fortes, Samuel García, Javier Pérez e Antonio Fuentes. Nestes momentos, gracias ao bo ritmo que levan, atópanse en segunda posición na táboa xeral a nivel nacional e esperan manterse nos primeiros postos.

C.C.R. Billar Chapela-Rodavigo vai poder defender na casa o título de campión galego obtido o ano anterior.  A COPA GALICIA DE BILLAR 3 BANDAS tempada 23/24 celébrase este sábado 11 de novembro nas instalación do Centro Cultural e Recreativo de Chapela de 16:00 horas a 18:00 horas. contrao Billar S.D. Lalín. Os xogadores serán, Adrián Davila, José Castro, Jorge Hermida e Rogelio Fortes.

En canto ao calendario nacional, será o sábado 25 de Novembro cando se celebre a 4 xornada da liga que enfrontará aos de Redondela contra a equipa C.B  Valladolid.

Acceso online ás partidas:

youtube@billarchapela

Facebook: CCR Chapela sección de Billar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará