Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos non poderá pagar as axudas escolares debido a unha débeda de 320.000 euros

concello pazos

O alcalde Luciano Otero critica a nefasta xestión económica do anterior goberno do PP que deixou numerosos provedores sen cobrar e unha débeda acumulada de 320.000 euros desde o ano 2018. Unha débeda que “impide o abono de subvencións nominativas e incluso as axudas escolares deste ano”. Unha situación que cualifica de “inaceptable e non pode repetirse no futuro”.

O concello convoca un pleno extraordinario para este 9 de novembro ás 9:00 horas co obxecto de aprobar unha modificación de crédito para empregar o remanente que o anterior goberno non soubo investir. Os fondos destinaranse ao pago de facturas esenciais, como a electricidade (ao redor de 80.000 euros) e a recollida de lixo (máis de 50.000 euros). Darase prioridade tamén ao pago a pequenos empresarios e autónomos que levan anos pendentes de recibir os seus cartos “o que afectou negativamente a imaxe do Concello de Pazos de Borbén”.

Ademais, neste pleno presentaranse importantes investimentos, como a reparación das depuradoras, que están a xerar multas trimestrais aos veciños e veciñas por un valor de 5.000 euros, impostas por Augas de Galicia, entre outros proxectos.

O alcalde Luciano Otero desexa pedir desculpas a todas as persoas afectadas por esta situación herdada e comprométese a garantir que non volva repetirse. Para iso, está a traballar na presentación de uns novos orzamentos para o ano 2024, máis realistas e optimizados, co obxectivo de cumprir con todas as necesidades dos habitantes da localidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará