Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior recupera a normalidade tras as incidencias polo paso de “Domingos”

protección soutoamior

Foto: Protección Civil Soutomaior

O baleirado de Eiras xunto coas fortes precipitacións provocaron anegamentos tanto na zona da Veiguiña Longa no acceso ao barrio de Comboa pola súa proximidade ao Verdugo así como na zona do parque da petanca en Arcade. Con todo, o peor foi que un dos operarios que estaba traballando en Alxán quen tivo que ser derivado ao Hospital Cunqueiro tras resultar ferido por unha árbore.

Un operario de “Conservación de Estradas” resultaba ferido de consideración mentres traballaba para despexar a estrada dunha árbore que se viñera abaixo no barrio de Alxán. Dende o Concello agradecen o traballo feito polos traballadores e desexan unha pronta recuperación a persoa ferida.

Diego Moreira, concelleiro de interior

En canto as incidencia hai que falar de anegamentos en casas e baixos, caídas de árbores, atascos nas estradas, accidentes de tráfico, postes caídos e desprendementos de fachadas e tellados, segundo recollen dende Protección Civil de Soutomaior.

O edil de Interior, Diego Moreira salientaba tamén os anegamentos nas zonas máis próximas ao río.

A cadea de borrascas levou ademais a abrir o encoro de Eiras para evitar riscos. A apertura do embalse provocou tamén a crecida do Oitavén e o Verdugo, ríos que estes días xa ían cheos a raíz dos últimos temporais que nos  teñen afectado. Unha situación que tivo as súas consecuencias no concello de Soutomaior, tal e como nos explicaba o seu edil de interior, Diego Moreira, quen falaba de anegamentos puntuais en diferentes puntos do municipio, principalmente en Comboa e Arcade.

Confía en que a relativa calma que nos vai acompañar neste inicio de semana, cun lixeiro respiro en canto a intensidade das precipitacións permita volver a recuperar completamente a normalidade en toda a bisbarra.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará