Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concentración en Redondela en apoio a Palestina

mani

A Plataforma de Activistas Culturais e Artistas, Sinha Paca convoca unha concentración este luns 6 de Novembro as 20:00 diante do Concello de Redondela coincidindo coas concentracións que a mesma hora vanse celebrar por toda Galiza co obxecto de expresar colectivamente “a nosa repulsa ao inhumano incremento da violencia exercida polo estado de Israel e a nosa solidariedade co pobo e a resistencia palestina”.
Sinha PACA decide facer esta convocatoria debido ao silencio amosado ata o de agora polo tecido social e político en Redondela e para que a cidadanía poida manifestar publicamente o seu rexeitamento ao xenocidio do pobo Palestino.
Insisten en que “non podemos quedar calados vendo día a día como a poboación palestina é masacrada impunemente á vista de todo o mundo e vendo como as institucións que deben frear este xenocidio non toman as medidas eficaces e correctas para frealo”.
Tamén chaman á cidadanía a que exprese o seu rexeitamento a esta actitude institucional e chaman a todas as entidades do tecido social e político municipal a que convoquen á mesma hora, e no mesmo sitio, e que se fagan presentes para amosar que este xenocidio non conta coa súa aprobación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará