Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello pide extremar a precaución nos cemiterios para evitar a proliferación do mosquito tigre

cementerio

A concelleira Pilar Martínez solicita a todas as persoas que estes días, co gallo do Día de Todos os Santos se achegaron ao cemiterio para colocar xarróns con flores que procedan a baleirar e retirar estes recipientes pasada unha semana. Entende que esta medida axudará a evitar o espallamento do mosquito tigre.

O mosquito tigre busca lugares onde haxa pequenas cantidades de auga retida para depositar os seus ovos que nunha semana eclosionan. Para evitar a cría e proliferación deste insecto a concelleira de Medio Ambiente, Pilar Martínez traslada a veciñanza a petición para que aqueles que estes días acudiron ao cemiterio a colocar flores en auga, que pasada unha semana procedan a súa retirada para evitar “a presenza de augas estancadas en recipientes pequenos”. Compre ademais que eses recipientes sexan lavados e secados axeitadamente para evitar que o mosquito tigre se reproduza.

Lembra a edil que a día de hoxe a presenza deste animal na nosa bisbarra non é preocupante porque son poucos os exemplares detectados pero que o mellor é previr de cara a evitar que se reproduza. Por ese motivo traslada este aviso a cidadanía, unha advertencia que está xa presente nos cemiterios municipais para que se teña en conta este medida de prevención.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará