Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reparto de puntos na visita do Pazos a Ribeira

pazos fs

O equipo de Pazos foi quen de traerse un punto na súa visita ao campo do Ribeira nun encontro da terceira división. En Preferente adiouse o partido do Campito e o Redondela perdían en Gondomar.

Ribeira 3-3 Pazos FS
O pazos logrou o empate na súa visita a Lugo. Un bo partido que rematou co reparto de puntos entre os dous equipos, malia que o inicio foi claramente para o Club de Ribeira que chegaron a poñerse 3-0 no marcador ao cinco minutos do partido. Con todo, os visitantes reaccionaron para chegar ao descanso cun 3-3 que non se movería na segunda parte malia os intentos dos dous equipos por facerse coa vitoria.
Na próxima semana os de Pazos, sétimos na categoría, reciben ao Korreo Guitiriz.

Vincios Gondomar 8-5 Redondela Rodavigo
Peor lle foron as cousas ao Redondela que caída derrotado na súa visita ao campo do Vincios Gondomar. Moitos goles nun encontro no que a priori os de Redondela partían como favoritos cunha posición moito máis favorable na táboa pero que non puideron traducir en vitoria. Na vindeira semana partido de altura en Redondela. Os locais defenderá a súa terceira posición ante o segundo do grupo, o Valladares.
Suspendeuse o partido que ía disputar esta fin de semana o Campito. O equipo de Chapela recibe na próxima fin de semana ao Pizarras Los tres cuñados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará