Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O samaín espállase polas parroquias

samain

Os centros culturais súmanse ás celebracións do Samaín e son numerosos os que organizan citas variadas de cara a esta fin de semana ou incluso para a vindeira. Negros, Reboreda, Vilar de Infesta, Ventosela ou mesmo o Centro Recreativo de Redondela propoñen aos cativos a participar nas súas propostas que inclúen obradoiros, música e merendas “terroríficas”.

Sociedade labrego cultural de Reboreda

Celebran este sábado a partir das 18:00 horas unha activiades de animación  infantil a cargo de TEG animación con merenda de balde incluída para todas a rapazada que se achegue ao centro.

Vilar de Infesta

Propón este centro “unha tarde terrorificamente divertida”. Está previsto que celebren o truco ou trato na recta do Galleiro con saída dende o centro cultural ás 17:00 horas. Farase tamé nun obradoiro de cociña  para os máis cativos con que se elaborarán galletas rerroríficas e outros doces. Haberá tamén merenda, música e karaoke.

Negros

A Asociación de veciños de Santo Estevo de Negros, tralo éxito do ano pasado volven organizar para o día 31 dúas saídas pola parroquia. Os máis pequenos poderán participar dunha ruta que sairá do centro cultural ás seis da tarde en dirección o Regueiro, subida o Piñeiro, baixada cara Chan, camiño Magariños e regreso cunha distancia aproximada de una kilómetro e medio.

Os maiores, a partir de dez anos, teñen outra opción que os levará a percorrer catro kilómstros, con saída as 17:30 e percorrido polo barrio de Negros, baixada o Patelo, barrio de Fixón, barrio igrexa e regreso.

A Miñoteira

A festa do Samaín en Ventosela será no centro cultural da Miñoteira cunha celebración na que haberá bailes, probas endemoniadas, cabazas e moito máis.

Centro cultural de Redondela

As instalacións do Centro acollen unha festa de haloween que se desenvolverá o martes 31 en horario de 17:30 a 19:30.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará