Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Marisol Míguez e Raúl Pereira, en galego ata na morte

IMG-20200615-WA0002

Pazos de Borbén renderá este sábado unha homenaxe a dous veciños do concello que dedicaron a súa vida á recuperación das cantigas galegas e ao fortalecemento da ligua galega. Unha homenaxe que servirá para corrixir unha grave anomalía como o feito de que as súas lápidas estean  en castelán.

O acto terá lugar este sábado no cemiterio de Amoedo e consistirá na substitución das lápidas actuais por outras escritas en galego “eliminando así esta distorsión cultural e lingüística”. Este acto é parte da campaña “En galego, agora e sempre”, que ten como obxectivo a recuperación da memoria lingüística de Galicia.

Explica o alcalde Luciano Otero que “é incomprensible que aqueles que defenderon o noso patrimonio cultural e expresáronse en galego durante toda a súa vida sexan recordados en castelán. Esta anomalía cultural debe corrixirse”.

O evento contará coa presenza dos representantes da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia, o alcalde de Pazos Luciano Otero, familiares e amigos de Marisol e Raúl e o párroco da Igrexa local.

Convidarase aos asistentes a asniar un acta de últimas vontades na que poderán expresar o seu desexo de ser enterrados en galego. A través destas accións, a AFNLG busca destacar a importancia de que o galego estea presente en todas as facetas da vida, incluíndo os rituais fúnebres.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará