Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior reforzará o servizo de limpeza nas rúas

limpeza

O goberno local vén de asinar un contrato de tres meses coa empresa Cogami para reforzar con persoal local o servizo de limpeza das rúas. Este contrato, que entra en vigor a semana que vén, ten por obxectivo suplir as carencias existentes no servizo de limpeza, despois de que os contratos elaborados polo anterior goberno rematasen en setembro, deixando o Concello de Soutomaior con unicamente tres operarios dispoñibles para desenvolver todos os labores que require o mantemento dun concello como Soutomaior.
O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, sinalou que “a situación coa que nos atopamos era insostible, cun servizo de limpeza totalmente eivado e incapaz de facer fronte de maneira correcta á situación. Tivemos que adoptar medidas urxentes para garantir que o servizo de limpeza nas rúas saia adiante durante os vindeiros meses”.
Adiantou que están a traballar para que no 2024 o concello conte durante todo o ano con máis dunha decena de operarios que desenvolvan diferentes tarefas de mantemento en Soutomaior, relacionadas principalmente coa limpeza de rúas e os desbroces. O obxectivo é “normalizar a situación do servizo de limpeza de rúas en Soutomaior contratando persoal que traballe durante todo o ano no concello”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará