Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Luis Gonzalo Segura presenta o libro “La trampa Ucraniana”

la trampa ucraniana

O Multiúsos da Xunqueira acolle este venres 27 ás 20:00 horas a presentación dun novo libro do ex tenente Segura no que o autor fai unha análise dos motivos que estarían detrás da guerra entre Rusia e Ucraína, unha versión completamente diferente da “oficial” defendida dende organizacións como a OTAN. Un acto organizado polo Colectivo Republicano de Redondela.
“La trampa Ucraniana” é o título do último libro de Luis Gonzalo Segura nun texto que leva como subtítulo “El relato occidental a examen” e que supón unha declaración de intencións do que imos atopar no seu interior.
O autor, ex tenente das Forzas Armadas Españolas das que foi expulsado por denunciar a corrupción, os abusos e os privilexios dos altos mandos, chega agora cun novo texto no que denunica a campaña publicitaria da OTAN para, segundo Segura, prmover máis armamento en nome do perigo que supón Putin e analiza os movementos xeopolíticos máis aló da “maldade” do presidente ruso fronte a “inocencia” dos dirixiente ucraínos nun conflito que é moito máis.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará