Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela aposta polo xornalismo ético coa convocatoria da III edición dos premios Sesé Mateo

sesé mateo

Joshua Mateo xunto a alcaldesa Digna Rivas e a edil Iria Vilaboa na convocatoria anterior

O certame, que chega a súa terceira edición, está aberto a traballos de calquera xénero xornalístico que foran publicados ou emitidos en medios radiofónicos, audiovisuais ou dixitais entre setembro de de 2022 e o 31 de agosto de 2023. Dotado con 1.500 euros o prazo de presentación remata o 3 de novembro.

Recoñecer públicamente a ética á hora de tratar informacións relacionadas coa violencia machista, fuxindo de sensacionalismos e coidando a intimidade das vítimas e das persoas supervivintes máis vulnerables. Con ese obxectivo nacía no ano 2021 o premio Sesé Mateo que convoca o Concello de Redondela. Un certame que, polo tanto, busca recoñecer e destacar o traballo dos profesionais do xornalismo que aborden de maneira ética e respectuosa os temas relacionados coa violencia machista, ao tempo que é unha homenaxe a Sesé Mateo, a muller asasinada pola súa exprella en 2017 na súa casa en Chapela.

Logo do éxito das edicións anteriores, con nove traballos presentados no primeiro ano e un total de 15 na segunda edición, confían que a convocatoria deste 2023 siga medrando.

As bases, que se poden consultar na web do Concello, recollen que o premio está aberto a traballos de calquera xénero xornalístico (noticias, artigos de opinión, reportaxes etc.) sen límite de extensión e que fosen publicados, en medios en papel ou dixitais, ou emitidos en medios de comunicación radiofónicos ou audiovisuais, entre o 1 de setembro de 2022 e o 31 de agosto de 2023, e deben ser presentados antes do 3 de novembro de 2023.

Os traballos teñen que presentarse no Rexistro Xeral en horario do Rexistro de Entrada (09:00 a 14:00 horas), ou na Sede electrónica do Concello de Redondela. Valórase positivamente a presentación de traballos en lingua galega, dada a súa minoría no ámbito xornalístico e o compromiso de Redondela na promoción desta lingua.

A terceira edición deste premio reafirma o compromiso de Redondela co xornalismo ético e a loita contra a violencia machista, alentando a xornalistas e medios de comunicación a contribuír a unha sociedade máis xusta.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará