Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A traiñeira feminina do CCD Cesantes busca novas compoñentes

Remo Cesantes LGT-f

Logo de acadar a temporada pasada participar na Liga Galega Feminina, o club de remo do CCD Cesantes comeza unha nova campaña para a LGT de 2023/24. O próximo sábado, día 21, terá lugar unha reunión informativa de inicio de tempada do equipo Sénior Femenino. O club convida a todas as rapazas e mulleres de máis de 16 anos a participar e informarse. Ana Hermida, membro da directiva, explica que o único requisito é “ter gañas” e anima a mulleres de calquera idade a achegarse ao club e probar “sen ningún compromiso”. A pasada campaña, coincidindo co 40º aniversario do club, foron quen de reunir remeiras para sacar adiante a traiñeira, e na próxima temporada queren seguir reforzando o equipo feminino. Hermida sinala que “non é necesario ningún requisito nin condición física para comezar” e que o único importante é “facer deporte, divertirse e saír da rutina”. A reunión será este sábado, ás 17:30 horas no Centro Cultural Deportivo de Cesantes. Tamén poden informarse no teléfono 640 609 293 e no enderezo electrónico ccdcesantes@gmail.com.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará