Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Asemblea informativa en Chapela sobre as obras de reposición de viais na parroquia

obra chapela

A Asociación de afectados pola AP-9 convoca para esta tarde ás 19:00 horas unha asemblea informativa para abordar o inicio das obras de reposición de viais que está previsto se inicien a finais de mes tanto en Chapela como en Trasmañó. A reunión terá lugar no Multiúsos do Piñeiral do Crego.

A convocatoria chega logo de que a semana pasada o goberno local trasladase aos afectados o “inicio inminente das obras” que consistirán na mellora do viario de Chapela e Trasmañó na contorna das obras de ampliación da AP-9, a ampliación do paso sobre a autoestrada que da acceso a Trasmañó, a renovación do Camiño Mouriño así como diferentes melloras no Camiño da Igrexa e Rúa Pasán, ademais de renovarse as redes de abastecemento, a iluminación pública e dous parques infantís da zona. As obras contan cun orzamento de 2,65 millóns de euros e o prazo de execución é de 9 meses.

Tamén etá previsto que esta semana os técnicos informen nun acto aberto a toda a veciñanza das actuacións a realizar e os prazos previstos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará