Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno local levará ao pleno de outubro a nova contratación do servizo de axuda a domicilio

axuda a comicilio

A concelleira de Servizos Sociais, Iria Vilaboa confía en que os pregos “negociados coas traballadoras, sindicatos e partidos políticos” saian aprobados no pleno que se celebrará o xoves da vindeira semana. O obxectivo é que a nova empresa que se faga cargo do servizo poña fin a unha problemática enquistada coa empresa Os Ventos, actual adxudicataria do servizo de Axuda no Fogar (SAF) a quen o propio concello lle abriu un expediente de penalidades polos numerosos incumprimentos do contrato.

Vilaboa explica que a tardanza á hora de presentar este prego de condicións, cando xa está rematado o contrato coa adxudicataria que a día de hoxe é responsable do Servizo de Atención ao Fogar responde a numerosas causas, entre elas o intenso traballa multidisplinar realizado de cara a tentar elaborar uns pregos que atendan as peticións de todos os axentes implicados “non podemos esquecer que se trata dun dos contratos de maior contía que se fan dende o Concello”. Confía tamén en que chegado este punto non haxa problemas para sacar eses pregos adiante no pleno da vindeira semana e que se poida resolver o concurso no prazo de tres meses.

Insiste en todo caso que levan un ano traballando neste documento e que unha vez aprobados os pregos procederase a convocar as empresas para poder licitar o servizo o antes posible.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará