Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un salgueiro de grandes dimensións precipítase sobre o paseo do Maceiras

paseo maceiras

Foto: S.E.I.S. Redondela

Os fortes refachos de vento das últimas horas están a deixar un regueiro de incidencias en todo o concello. Neste sentido e durante toda a mañá a Policía Local e o servizo do SEIS (Servizo de Emerxencias de Redondela) ten recibido numerosas chamadas alertando de caídas de árbores no paseo do Maceiras, en Vilar do Mato e tamén no Valos na N-550 no límite con Mos, así como caídas de postes de teléfono e da electricidade. Afortunadamente non hai que lamentar danos persoais.

A borrasca Babet está a deixar en Galicia unha xornada de ventos e chuvias intensas, con precipitacións acumuladas de 40 litros por metros cadrados e  vento que soplará forte de xeito xeneralizado con rachas por riba dos 80 kilómetros por hora. Unha situación que levou tamén a activar a alerta laranxa no mar por ondas que podería oscilar entre os 4 e os 6 metros de altura.

Con todo, o máis salientable en Redondela están a ser os avisos por caídas de árbores en diferentes puntos. No paseo do Maceiras precipitábase a primeira hora da mañá un salgueiro de grandes dimensións que impedía o paso dos viandantes. A árbore foi retirada polos efectivos do SEIS quen recomendan “moitisima prudencia e evitar os paseos por estas zonas arboradas, xa que non se descarta que outras árbores se poidan vir abaixo ou que o vento arranque algunha pola”.

Advirten neste sentido que nos vindeiros día esperanse novas borrascas que virán acompañadas de vento, o que supón que se repitan incidencia destas características.

Convídase a cidadanía a seguir unha serie de consellos como asegurar nas vivendas aqueles obxectos que poidan caer á vía pública e afastarse de árbores, muros ou edificiacións en construcción. Tamén extremar as precaucións no caso de ter que conducir.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará