Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco dá a batalla na Preferente “con ambición e humildade”

Tizon Choco

O equipo redondelán sitúase no 5º posto da táboa logo de 5 xornadas disputadas. Dúas vitorias, dous empates e unha única derrota son os seus números ata o de agora. Pero a este equipo quédalle moito por dar. Jose Tizón, o seu adestrador, recoñece que logo do descenso o equipo “aínda está a adaptase” logo das baixas dalgúns xogadores, novas incorporacións e novo equipo técnico. O técnico explica que van “pasiño a pasiño” e confirma que o equipo está “cada vez mellor” e que pelexará por estar na parte alta da táboa “con ambición e humildade”.

Jose Tizón Veiga é o adestrador do CD Choco

Tizón coñece ben a competición, na que adestrou durante cinco temporadas, e asegura que é “moi competitiva”, xa que practicamente todos os equipos aspiran a situarse na cabeza da competición. O CD Choco, logo dunha década en Terceira, terá que adaptarse tamén a esta liga e mesmo aos terreos de xogo “que non son os mesmos”. E advirte que regresar a Terceira será complicado, a modo de exemplo lembra que nos últimos dez anos tan só dous equipos conseguiron recuperar a categoría no na primeira temporada tras o descenso.

O técnico advirte que a liga será moi competitiva

O equipo suma 8 puntos no marcador, a 5 do líder que é o Xuv.Ponteareas, a 4 do Vilalonga e 1 de Atios e Céltiga. Destaca a súa faceta goleadora, con 9 dianas, superato tan só polo líder e o Ribaadumia. Tizón recoñece que a faceta ofensiva era unha das prioridades do club, con xogadores como Capelo, Adrián, Samu, Bauti, Carmés e Fer

O equipo redondelán está a destacar pola súa faceta goleadora

A pasada xornada gañaron pola minima no campo do Allariz nun partido marcado pola intensa calor. Este domingo reciben en Santa Mariña ao Barco, un encontro para no que confían en contar co apoio dos seus afecionados e poder brindarlles un triunfo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará