Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O redondelán Gael Couñago, cuarto posto no Campionato de España de atletismo sub16

gael

A selección galega, integrada por atletas de diferentes clubs de toda a comunidade entre eles o C.A.R. de Redondela, remataba en postos de honra no Campionato de España por Federación autonómicas disputado en Asturias. Acadaba o cuarto posto na categoría feminina e o sexto na masculina.
O máis salientable por parte galega, tal e como destacan dende a federación de atletismo foron os triunfos logrados no concurso de disco tanto por Mar Simón como por Hugo Casañas. A hispano-suiza e campioa de España, lanzaba no seu segundo intento ata os 43.93 quitado máis de tres metros á segunda clasificada, pola súa banda, Casañas chegaba nada menos que ata os 62.29 m. que representan un novo récord galego, quedando ás portas do récord de España.
As probas de medio fondo e fondo tamén constituíron a punta de lanza da selección con vitoria para o plusmarquista galego Javier Picos e Sabela Martínez. Tam´ne triunfo galego nos 3.000 metros para Sabela Castelo e Alex Sierpres.
En canto a representación redondelá salientar o meriotorio cuarto posto acadado por Gael Couñago, do Club de Atletismo CAR quen se fixo co cuarto posto en salto de altura mellorando a súa marca persoal en 1,81 metros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará