Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco supera ao Oviedo, que chegaba a Santa Mariña líder e invicto

Choco Oviedo

División de Honra Xuvenil

Choco 1-0 Oviedo

O Choco tiña unha dura proba en Santa Mariña, e o resultado foi o mellor dos posibles. O Oviedo chegaba a Redondela como líder invicto da categoría, con cinco triunfos nas cinco xornadas disputadas. Os rapaces de Hugo Álvarez foron a buscar o partido, malia que o Oviedo exercía unha dura presión no centro do campo. Na primeira metade houbo algunhas ocasións para os dous equipos, pero chegaron ao descanso a ceros. Na segunda parte o Choco marcou cedo, aos 9 minutos, cun gol de Fernando. Os asturianos buscaron a igualada con cambios no once, pero non foi quen de acadalo. O Oviedo perdeu o liderado, que agora é do Celta. O Choco é 4º, a 4 puntos do líder, e por detrás Compostela e Oviedo. Na próxima xornada o equipo redondelán visita o campo do Val Miñor, situado na metade baixa da táboa.

Preferente

Allariz 0-1 Choco

O CD Choco suma a súa segunda vitoria e faino en terras ourensás. Os anfitrións tentaron facerse con partido, pero os de Jose Tizón demostraron no campo por que chegaban a Allariz co cartel de favoritos. Foi un encontro con escasas ocasiónsl pero que o Choco soubo aproveitar. Na primeira metade o traballo defensivo foi o máis destacado, sen ocasións claras de perio, e chegaron ao descanso a ceros. Na segunda parte o Choco meteulle intensidade ao xogo e nunha das ocasións Iván Capelo anotaba o 0-1. Quedaban aínda 30 minutos de xogo e os locais tentaron empatar o encontro, pero o Choco atallou todas as súas chegadas para traer os tres puntos para Redondela. O Choco, que agora é 5º, recibe na próxima xornada ao Barco, cos ourensáns na metade da táboa

Primeira Autonómica

Chaín 3-2 Arcade

O Arcade non foi quen de superar a un dos últimos clasificados, o Chaín. Na próxima xornada recibe ao S.Adrián, que está un posto por riba deles.

Segunda Autonómica

Domaio 2-1Cesantes

Soutomaior 2-0 Atl.Combarro

Na próxima xornada dispútanse os encontros: Cesantes-Marcón e Campañó-Soutomaior

Terceira Galicia

Atl.Vilar 2-0 Santiaguiño

Nespereira 0-6 Balaídos

Oliveira 3-1 Chapela

Na próxima xornada dispútanse os encontros: Vincios-Atl.Vilar, Nieto-Nespereira e Chapela-Sanguiñeda.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará