Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Entran en dous bares de Redondela e rouban os cartos das máquinas

taperia patri

Os asaltantes fuxiron tras saltar a alarma

Dous locais de Redondela – restaurante Illa de San Simón en Cesantes e Tapería Patri en Cedeira- rexistraron na noite do sábado para o domingo a entrada ilegal nas súas instalacións. Os asaltantes tan só lograron facerse cos cartos da máquina no primeiro dos locais mentres que marcharon coas mans baleiras da Tapería Patri, segundo informan dende a Policía Local.

Os feitos terían lugar na madrugada deste domingo cando un ou varios individuos entraron en dous locais de hostalaría que se atopan á beira da estrada. Así, no caso da Tapería Patri os asaltantes chegaron a entrar no local pero ao saltar a alarma decidiron darse á fuga.

Non así no restaurante Illa de San Simón, local ubicado no cruce da N-550 en Cesantes coa estrada do Viso, a onde os ladróns accederon tamén de madrugada levándose os cartos da máquina así como os décimos da lotería que había no local.

Ambos feitos foron denunciados nas dependencias da Policía.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará