Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR Plastic Omnium vese como favorito para a fase de ascenso

Manolo2 SAR entrevista

Manolo Fernández Lago, adestrador da SAR Plastic Omnium

A piques de comezar a liga de Primeira Autonómica, a SAR Plastic Omniun está nun gran momento. O equipo clasificouse para a final da Copa Federación logo de superar na eliminatoria ao Balonmán Loriga, e gañou todos os partidos disputados na pretemporada. O técnico, Manolo Fernández Lago, fala de “boas sensacións” no equipo. A SAR, recén descendido de Nacional, conseguiu manter practicamente todo o bloque da pasada temporada, polo que o adestrador entenden que son favoritos para pelexar polo ascenso. Con todo, entende que este papel vai supoñer que os demais equipos os vexan como “o rival a bater”.

Manolo Fernández Lago, adestrador da SAR Plastic Omnium

Malia os bos resultados ata o de agora, o adestrador sinala que o equipo tamén ten algunhas eivas.
Para Manolo o máis importante agora é que os xogadores sexan “capaces de manter un bo nivel os 60 minutos do partido”, e advirte que terán que traballar nos problemas que lles xeran “altos e baixos” ao longo dos encontros.

O técnico advirte que o equipo debe mellorar para manter un bo nivel durante todo o partido

A liga de Primeira Autonómica comeza esta fin de semana, e os dous equipos de Redondela deberían estrear a competición oficial na casa. Un problema dos grovenses do Calmear Rasoeiro obrigou á SAR a aprazar este primeiro encontro, que se disputará na Bomboneira o 23 de decembro, ao non haber outra data dispoñibles. O BM Chapela comezarán a competición esta fin de semana no Manuel González Soto ante o Lavadores Vigo. Será precisamente o Lavadores o rival da SAR na segunda xornada, que será o primieiro partido para os de Redondela como visitantes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará