Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chega a Redondela a exposición Orgullo da nosa lingua

orgullo

A mostra permanecerá ata o vindeiro domingo día 8 na Alameda de Castelao. A exposición contará coa presenza dunha persoa que guiará ao público detallando e explicando curiosidades do galego mediante xogos e dinámicas de participación. O público poderá optar a premios escaneando o código QR que hai nos paneis.

Orgullo da nosa lingua recolle algunhas das peculiaridades e trazos de identidade do noso idioma e da súa evolución co obxectivo de promover o galego entre todos os sectores da poboación. Composta por cinco grandes paneis de 1,70 metros de alto e de dúas caras, aborda temas como a riqueza toponímica de Galicia, a abundancia do noso refraneiro, as variedades dialectais, as numerosas palabras que temos para falar da choiva ou as moitas formas diferentes de chamarlles aos mesmos peixes.

Unha exposición itinerante que leva por nome Orgullo da nosa lingua: ou galego é un tesouro para compartir, impulsada pola Xunta de Galicia no marco do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2023 co obxectivo de reforzar a promoción e o coñecemento da lingua galega entre todos os sectores da poboación.

Ademais, o público poderá acceder tamén a premios a través dun código QR dispoñible en cada unha das estruturas da mostra respondendo a un cuestionario sobre a lingua galega e entrando no sorteo de lotes sorpresa, que poderán incluír agasallos como entradas para espectáculos, camisetas, bolsas e moito máis.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará