Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Regresan as “visitas terroríficas” ao Castelo de Soutomaior

souto samain

As sesións teatralizadas a cargo de Troula Animación regresan no mes de outubro e terán dúas versión: a destinada a público adulto en horario nocturno e a orientada a público familiar. As entradas están dispoñibles no enderezo entradas.castelodesoutomaior.com, a un prezo de 8 euros.
A Deputación sacou este luns á venda as entradas para asistir ás visitas teatralizadas de Samaín que organiza o Castelo de Soutomaior durante o próximo mes. Celebraranse dúas modalidades distintas, unha delas nocturna e destinada ao público adulto e outra para un público infantil e familiar.
As visitas para o público infantil celebraranse todos os sábados e domingos do mes (os días 7, 8, 14, 15, 21, 22, 28 e 29 de outubro) en dobre sesión, ás 11.30 horas e ás 16.30 horas, e nelas o público gozará dunha historia terroríficamente divertida. Irina e o Home serán os guías dunha delirante aventura que non lle gustará nada a Alemanote, a pantasma que habita no castelo.
As visitas destinadas ao público adulto terán lugar os venres e os sábados (os días 6, 7, 13, 14, 20, 21, 27 e 28 de outubro) en horario de 20.00 horas, e nelas os participantes (idade recomendada a partir dos 16 anos) porán a proba a súa valentía nunha visita guiada onde nada é o que parece e na que se combinarán lendas de bruxas, feiticeiras, pantasmas, druídas…
As entradas das visitas teatralizadas de Samaín ao Castelo de Soutomaior están dispoñibles na plataforma de venda en liña (entradas.castelodesoutomaior.com), a un prezo único de 8 euros, que inclúe a entrada ao recinto, valorada en 5 euros.
As quendas organízanse para grupos de 30 persoas, polo que a razón de 30 pases (16 das visitas familiares e 8 das de público adulto) a Deputación oferta un total de 720 entradas para esta actividade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará