Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Marea de solidariedade coa familia que perdeu a casa por un incendio en Soutomaior

veciños solidariedade

A iniciativa partiu do propio barrio de Louredo, no que reside a familia que o sábado 9 de setembro viu como un  lóstrego impactaba contra a súa vivenda provocando un virulento incendio que reduciu a casa a cinzas en cuestión de horas. Dende o Concello facilitaron o realoxamento dos afectados nun primeiro momento pero a solidariedade veciñal vai máis aló e decidiron poñer en marcha unha campaña de axuda para poder reconstruír a vivenda. Dende o Concello están a coordinar estas accións.

“Exemplo de colaboración e solidariedade” así define o edil de interior Diego Moreira, a implicación da veciñanza nunha campaña de axuda que busca rehabilitar a vivenda que ardeu no barrio de Lourido por un lume provocado por un lóstrego. Un incendio que malia non provocar danos persoais graves, si derruiu por completo o interior da vivenda construída en madeira.

Dende o  Concello se lles facilitou unha alternativa habitacional “alugamos unha vivenda para que teñan onde vivir de xeito temporal e tamén dende Servizos Socias puxémonos a súa disposición”.

Con todo, a veciñanza amosou a súa disponibilidade para colaborar e, a día de hoxe traballan para reunir fondos e poder acometer as obras que permitan rehabilitar este inmoble para que a familia afectada poida regresar o antes posible. Ademais dos donativos económicos tamén recollen enseres ou mobiliario diverso para restituír os mobles queimados.

Unha iniciativa que partiu da Asociación Santo Anxo de Lourido a quen se lle sumaron outros colectivos sociais e veciñais así como Cáritas e o propio Concello de Soutomaior.

Abriron xa unha conta bancaria para axudar nesta rehabilitación. Todos aqueles que queiran colaborar, poden facer as dúas achegas na conta ES8230700047986370057124 de Caixa Rural Galega.

Tamén se está creando unha rede de voluntario que queiran botar unha man tanto nas tarefas de limpeza como na posterior reconstrución da casa.

Dende o concello agradecen ás asociacións veciñais, a todos os entes e organismos, e a veciñanza en xeral os esforzos desenvoltos durante estes días para axudar aos veciños afectados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará