Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A retirada do gran acumulado na fábrica de Pontesa minimiza os efectos derivados do incendio da nave

pontesa

Dez meses despois de que se producira o lume, o concello de Soutomaior da por rematada a retirada de todo o cereal almacenado na fábrica e que provocaba problemas de insalubridade na zona afectando a 200 familias do concello.

 O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, recibiu con satisfacción este anuncio e lembra que desde o primeiro momento o obxectivo prioritario era “solucionar canto antes os problemas derivados do incendio na Pontesa que ardía en novembro do pasado ano, porque a veciñanza levaba case un ano a aguantar malos cheiros e pragas de insectos e ratas”. O rexedor asegurou que “sempre tivemos claro que a solución pasaba pola retirada do gran almacenado na nave, e así o fixemos saber en todas as xuntanzas de traballo que mantivemos coas administracións implicadas”.

Neste sentido, reivindicou o traballo levado a cabo polo goberno local desde o primeiro momento para que estes traballos de retirada de gran se levasen a cabo canto antes. Tras as reunións mantidas en xullo polo alcalde Manu Lourenzo coa Delegación Territorial da Xunta en Vigo e coa Dirección Xeral de Costas, o prazo da retirada do gran pasou dun horizonte temporal de anos a só uns meses. “Desde o primeiro momento esiximos ás administracións implicadas que a situación estivese resolta nun prazo de tres ou catro meses, e o traballo do goberno de Soutomaior conseguiu que ese prazo se cumprise con creces”.

Por outra parte, Lourenzo asegurou que o goberno local seguirá a traballar para que a situación se solucione por completo e todo volva á normalidade. “Agora que o gran está retirado, seguiremos a traballar para esixir que se controle a fábrica da Pontesa para evitar novos problemas de insalubridade e de pragas de insectos e ratas. O goberno de Soutomaior comprométese a que non parará ata que as 200 familias de Arcade afectadas e os negocios de hostalaría e restauración da zona recuperen a total normalidade no seu día a día”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará