Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Luns do Cristo (8 de Abril) e o Xoves da Coca (30 de Maio) festivos locais no 2024

luns cristo

Debate recorrente ano tras ano á hora de acordar os festivos locais para Redondela. Non houbo sorpresas en canto a proposta achegada polo grupo de goberno que volveu optar por reeditar os tradicionais festivos do Luns da Cristo e o Xoves da Coca. Tampouco houbo sorpresas nas votacións: o PP votou a favor permitindo que a proposta saíra adiante malia non contar co apoio nin do BNG nin de AER.

Mesmo debate e mesmo resultado unha vez máis nun punto no que os votos a favor de PSOE e PP permitiu sacar adiante a proposta do goberno de festivos locais para o 2024. Tal e como se prevía, resultaron elixidas as dúas datas habituais do Luns do Cristo e o Xoves da Coca ao contar co apoio dos grupos maioritarios.

Ríta Pérez, PSOE

Dende o BNG volvían apostar por un festivo diferente ao Luns do Cristo por entender que “manter unha festividade relixiosa é tempo pasado e deberíase pensar en datas alternativas como o San Xoan ou o Entroido”.

Xoán Carlos González, BNG

Pola súa banda, o edil de AER, Roberto Villar volvía defender que fora o Martes do Entroido o día que substituíse ao Luns do Cristo.

Roberto Villar, AER

Nesta ocasión si atoparon os socialistas o apoio do PP quen lembrou que “se trata de dúas datas que son as que se veñen elixindo historicamente, que representan as tradicións da nosa vila e que reflicten a vontade da veciñanza”.

Cristina Blanco, PP
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará