Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pilar Martínez: “O Concello está a actuar no espazo público para evitar a proliferación do mosquito tigre”

pilar

 “Sabemos que non imos lograr que o mosquito tigre desapareza pero hai que tentar previr e controlalo” así de contundente se amosa a Concelleira de Medio Ambiente quen lembra que hai algunhas medidas efectivas á hora de evitar a súa proliferación como eliminar os obxectos que poidan acumular auga en vivendas e colexios. Malia que a súa picadura pode ser perigosa e transmitir enfermedades tropicais insiste en que “non hai que ser alarmista, porque para iso tería que picar previamente unha persoa portadora do virus”.

Pilar Martínez, Concelleira de Medio Ambiente

O mosquito tigre chegou a península hai case dúas décadas, pero a súa presenza en Galicia é moi recente. Logo de que se detectaran exemplares en Vigo e no Morrazo, a Consellería vén de confirmar a súa presenza tamén en Redondela. Dende a Xunta decisiuse poner en marcha un comité de seguimento onde está presente o Concello de Redondela e tamén está en funcionamento a aplicación dixital “Mosquito Alert” que permite aos entomólogos da Rede Galega de Vixilancia de Enfermidades Transmisibles por Vectores (ReGaViVec) elaborar un mapa da presenza do insecto no territorio.

Dende a Concellería de Medio Ambiente que preside Pilar Martínez adoptáronse medidas tales como a limpeza das fontes e daqueles lugares públicos onde hai risco de que se acumule auga.

Limpezas en fontes

Tamén se recomenda a veciños en xeral e aos centros educativos en particular diferentes pautas para evitar a proliferación da especie como eliminar puntos de auga estancada en bebedeiros, pratos baixo macetas ou cubos a intemperie. Neste sentido subliña Martínez que “en Galicia  o feito de que chova peridicamente axuda a que estas augas se renoven, pero sempre e cando vexamos auga estancada máis de catro ou cinco días debemos renovala porque ese é o espazo ideal para que esta especie se reproduza”.

Insiste en que “a preocupación existe ante a proliferación dun animal que pode transmitir enfermidades como o dengue, o zika ou a febre amárela pero engade que “non hai que alarmarse porque para que iso sucede tería primeiro que picar a unha persoa que tivera eses virus e esa ciscuntancia, propia de países tropicais, non se da no noso territorio”

Con todo lembra que a picadura deste mosquito provoca reaccións máis molestas que outros insectos e que identificalo é moi doado porque é de cor negro con raias brancas tanto no corpor como nas patas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará