Hoxe é Luns 6 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A directiva da SAR suma colaboradores de cara á súa renovación a próxima temporada

SAR DIRECTIVA

A directiva do club de balonmán redondelán busca o relevo logo de moitos anos á fronte da entidade. Este tema foi unha das cuestións que abordaron na asemblea celebrada o pasado venres. O actual presidente Aurelio Krook “Lito”, recoñece que é “moi difícil” que unha nova directiva tome as rendas do club a piques de comezar a temporada. Por iso o seu obxectivo é sumar novos colaboradores ao longo desta campaña “para alixeirar o traballo dos actuais directivos”. Krook explica que o ideal é que algúns pais e nais dos xogadores e xogadoras dos 20 equipos cos que conta o club se sumen a estas tarefas, así como os adestradores e delegados. Entende que, deste xeito, de cara á próxima temporada podería haber un novo grupo de persoas que se fixeran cargo da directiva, xa que o prazo para presentar as candidaturas será en maio do ano que vén. A nova directiva asumiría o control do club na temporada 24/25.

Aurelio Krook, Lito, presidente da SAR

Esta fin de semana comezará a competición oficial para os equipos de Autonómica coa Copa Federación. Na territorial masculina a SAR Plastic Omnium recibirá na Bomboneira ao Atlético Novás e o BM Chapela xogará no Manuel González Soto ante o Calmear Rasoeiro. Na categoría feminina a SAR Rodavigo xoga no pavillón A Seca co Poio Artai, que será o mesmo rival do Chapela a próxima semana.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará