Hoxe é Luns 6 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Xuvenil do Choco estréase con vitoria no regreso á elite

Choco-Basander

Choco 1-0 Basander

Santa Mariña acollía onte con moita expectación o regreso do Choco á competición oficial na División de Honra Xuvenil. O público arropou ao equipo de Hugo Álvarez na estrea da temporada ante un rival directo pola permanencia, o Basander. O conxunto local levou o peso do partido nun encontro intenso. O Basander centrou o seu traballo en defender e agardar para saír á contra. O premio para o CD Choco chegou nos últimos minutos do primeiro tempo cun gol de Fernando. Tras o paso polo vestiario, os santanderinos foron a buscar o empate pero os choqueiros souberon defender o resultado e non lles permitiron achegarse con demasiado perigo á portería redondelá.

CD Choco: Aitor, Álex, Aarón, Mateo, Gael, Alejandro (Sergio, minuto 61), Xian, Fernando (Raúl, minuto 82), Eduardo, Diego (Iago, minuto 82) y Hugo.

Bansander: Celso, Óscar, Adrián (Guillermo, minuto 65), Pablo (Redondo, minuto 55), Javier (Mario, minuto 46), Adri, Israel, Diego (Adrián, minuto 87), Javi, Bruno (Jorge, minuto 55) y Alfonso.

Gol: 1-0, minuto 37: Fernando.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará