Hoxe é Luns 20 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Festival Sensa chega a Redondela en apoio aos mozos emprendedores

sensa pazo petán

Sensa é un festival para “despertar os sentidos” e dar protagonismo a propostas gastronómicas, musicais e de entretemento. Está organizado por CIJ, o cículo de mozos emprendedores, e conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra, o Concello de Redondela, a Asociación de Empresarios de Redondela e de Cervexas Alhambra, dentro da súa aposta pola creación de experiencias únicas pensadas para gozar sen présa e cos cinco sentidos.

A rolda de prensa, que levouse a cabo no propio Pazo de Santa Teresa, contou coa presenza da Vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, os concelleiros de Redondela, Iván Valles e Antonio Cabaleiro, a xerente da Asociación de Empresarios de Redondela, Julia Alonso e os propios promotores membros do Círculo de Mozos Emprendedores, Aida Estévez, Alejandro Pérez e Cristina Regojo.

Esta primeira edición do Sensa Festival ten como intención promover un ambiente distendido e de lecer cun concepto innovador baseado na mestura de diferentes actividades marinadas con gastronomía e música. Así o describía Aida Estévez coa vista posta no futuro e no éxito desta proposta que ademais quere funcionar como apoio e motor para os mozos e mozas emprendedores de Galicia que queiran rpesentar as súas propostas.

O cartel e a maior parte de actividades soamente serán desveladas o propio día do evento, sen embargo durante a preentación do mesmo adiantaron que o festival acollerá dous Showcooking, un deles da man de Fernando Rodríguez do Restaurante O Secadeiro en Outes. Alejandro Pérez tamén adiantaba, sen desvelar o nome dos artistas, que a música vai a ser “de agrupacións reputadas, con percorrido e para gustos variados.”

O evento celebrarase o 9 de setembro a partir das 11:30 no  Pazo de Santa Teresa en Redondel, un enclave que segundo a organización “a beleza e a sofisticación entrelázanse en perfecta harmonía para estimular todos os teus sentidos”. A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra non perdeu a ocasión de agradecer á familia Regojo a súa acollida e destacar a beleza natural do espazo no que se vai desenvolver o festival .

Antonio Cabaleiro, Concelleiro de Economía e Facenda de Redondela, falou dende a súa perspectiva como mozo xove e experto en finanzas para agradecer este tipo de propostas, “tan necesarias para a mocidade emprendedora” e destacou a “cantidade de talento que hai na nosa contorn”a e a ilusión que lle fai que conflúan en Redondela.

O aforo do evento está limitado a 350 persoas e a compra da entrada faise mediante invitación. Cada persoa que dispoña dun código poderá adquirir ata 4 tickets. No caso de que alguén interesado queira ter acceso a unha invitación ou código poderá facelo se está atento ao Instagram do evento.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

  1. “O aforo do evento está limitado a 350 persoas e a compra da entrada faise mediante invitación.” Festa privada, pagada con cartos públicos. Mágoa que o Concello métase nestas fantasías. E está perfecto o galego do concelleiro, despois véndese non sei que ordenanza do galego no concello.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará