Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ecoturismo e educación ambiental en setembro

Roteiros Mosaico

Este mes de setembro continúan os roteiros ambientais en Redondela logo da boa acollida que tiveron nos meses de verán. A partir do luns ofrécense un total de 15 propostas con roteiros ambientais polos ríos de Redondela, visitas guiadas no centro histórico da vila, saídas nocturnas polo litoral de Cesantes así como rutas en bicicleta e kaiak, entre outras activididades. A programación deste mes conta tamén cun obradoiro para a rapazada onde plantarán landras de carballo, que será o 16 de setembro, e unha ruta itinerante dunha gamela “que pesca historias sobre a natureza” o día 30.

A primeira das actividades deste mes será o luns, 4 de setembro, coa visita guiada “A vila pola tardiña” que é de balde. O xoves 7 de setembro está organizada unha ruta en kaiak pola enseada, cun prezo subvencionado de 15 euros, que se repetirá o domingo día 10 de setembro. O venres día 8 a saída consistirá nun paseo nocturno por Cesantes e o sábado día 9 os roteiros ambientais desprázanse a Chapela para percorrer as beiras do río Fondón.

As actividades precisan de inscrición previa na oficina de turismo, na rúa Isidoro Queimaliños, no teléfono 986 401713 ou no enderezo turismo@redondela.gal.

No programa traballan conxuntamente as concellerías de Medio Ambiente, que dirixe Pilar Martínez, Turismo, a cargo de Rita Pérez, e a concellería de Sostibilidade, que ostenta Roberto Villar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará