Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un total de 15 mozos poderán participar no programa Xuventude Mentoring en empresas

Engineers working on a heavy machinery for their project work

A Asociación de Empresarios de Redondela, en colaboración coa Xunta de Galicia, pon en marcha o programa Xuventude Mentoring para a realización de prácticas en empresas de sectores estratéxicos co obxectivo de acadar a súa incorporación no mercado de traballo. Poderán participar ata 15 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos de idade que non estean traballando actualmente nin estudando. Os participantes realizarán estadías de formación en empresas ou entidades privadas ou públicas de sectores estratéxicos. En Redondela localízanse importantes empresas do sector aeronáutico, automoción, té xtil, moda ou enerxías renovables hacia as que estarán orientados os programas de prácticas.

A finalidade deste Xuventude Mentoring na Empresapro é reforzar as posiblidades destes mozos para atopar traballo mellorando as súas habilidades e competencias profesionais. Para poder participar no programa é necesario estar inscrito no Sistena Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX), non esar traballando nin estar matriculado nalgún nivel de ensino ou formación. Os participantes poderán obter unha experiencia profesional e percibirán unha bolssa de formación de 630 euros mensuais, que se amplía en 100 euros máis no caso de persoas con discapacidade, e outros 100 euros para desprazamentos cando a formación sexa nun municipio diferente ao de residencia. Ademais recibirán unha formatión complementaria como mínimo de 20 horas lectivas así como o apoio dun titor ou titora durante todo o proceso. As horas de formación serán como mínimo de 100 horas mensuais durante catro días laborais á semana polo menos.

O prazo de solicitude comeza hoxe luns e remata o venres, 1 de setembro. Poden acceder a toda a información no enlace da Asociación de Empresarios ou nos teléfonos 986 404 012 e 658 592 332.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará