Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela-Wofco Campioas da Liga Galega de Traiñeiras

369608355_785442503587036_8337494906510594187_n

A última xornada de la Liga Galega de Traiñeiras desenvolveuse o pasado domingo na localidade de Ares (A Coruña). Alí as remeiras de Chapela demostraron unha vez máis o súa afouteza conseguindo o primeiro posto, ao igual que fixeron cando se proclamaron campioas de España.

Para conseguir chegar ao podio e acadar o Trofeo Xunta de Galicia as embarcacións galegas da Liga A e da Liga Feminina enfrontáronse a XVI, Bandeira Concello de Ares e a I Bandeira Feminina Concello de Ares, respectivamente. Na xornada do domingo Chapela Wofco (74) logrou chegar con ampla diferenza de segundos a meta durante a regata afianzando o seu liderado na Liga Galega de Traiñeiras. Despois deste resultado, ocupan o primeiro posto con 12 puntos de vantaxe coa equipa inmediatamente anterio, Murgados- A Cabana Ferrol (62).

Por outra banda, a embarcación feminina de  Cesantes-Rodavigo mantense nun cuarto posto na clasificación xeral, diante de Perillo, Castropol e Puebla. Na liga absoluta masculina o Club de Bueu foi o vencedor da xornada, sen embargo non conseguiu desbancar do podio na clasificación xeral  da LGT a Ares quenes proclámanse  finalmente campións galegos desta tempada. En canto aos clubs redondeláns dentro da clasificaicón xeral da LGT: Chapela consegue o quinto posto e Cesantes o noveno.

Grazas ao espectacular resultado por parte das remeiras de Chapela durante toda a tempada, conseguen clasificarse para a XVI Bandeira da Concha Feminina que se celebra en San Sebastián os días 30 e 31 de agosto.

Clasificación xeral, I Bandeira Feminina Concello de Ares:

Chapela: 24:02 y bandera, 2. Mugardos-A Cabana Ferrol: 24:30, 3. Rianxo: 24:45, 4. Cesantes: 25:25, 4. Perillo: 25:30, 6. Castropol: 26:04, 7. Puebla: 26:36

Clasificación xeral, liga LGT F 2023:

Chapela: 74 puntos, 2. Mugardos-A Cabana Ferrol: 62 puntos, 3. Rianxo: 60 puntos, 4. Cesantes: 44 puntos, 5. Perillo: 28 puntos, 6. Castropol: 21 puntos, 7. Puebla: 19 puntos

Clasificación xeral, 1. Xornada XVI Bandeira Concello de Ares:

Ares: 20:24, 2. Bueu: 20:27, 3. Chapela: 20:48, 4. Tiran: 20:50, 5. Castropol: 20:57, 6. Rianxo: 21:09, 7. Cabo da Cruz B: 21:13, 8. Mecos: 21:53, 9. Naron: 22:09, 10. Cesantes: 22:10

Clasificación xeral, 15. Xornada Liga LGT A:

Ares: 167 puntos, 2. Bueu: 157 puntos, 3. Tiran: 147 puntos, 4. Castropol: 135 puntos, 5. Chapela: 131 puntos, 6. Cabo da Cruz B: 98 puntos, 7. Rianxo: 87 puntos, 8. Mecos: 70 puntos, 9. Cesantes: 61 puntos, 10. Naron: 58 puntos, 11. Puebla: 29 puntos, 12. Samertolameu B: 26 puntos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará