Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Gene Muíños amosa a súa “pequena vila”, unha Redondela a escala

Gene Muiños

Moitos son os que coñecen en Redondela a Gene Muíños, pero poucos os que saben da súa afección pola construción de maquetas. O gusto por este traballo manual vénlle de hai anos, cando comezou facendo a maqueta para o traballo de fin de carreira do seu fillo. Logo viñeron outros para familiares e amigos, e despois edificios emblemáticos de Redondela como a Casa do Concello ou a igrexa. Logo de 15 anos de traballo, foi quen de reproducir en miniatura todo o centro da vila de Redondela, desde o Convento de Vilavella ata o viaducto sobre o campo da feira. Un total de 70 bloques de vivendas aos que dedicou milleiros de horas de traballo.

Muiños Reboredo cóntanos como comezou a súa paixón polas maquetas

A mostra non recolle só edificios emblemáticos da vila de Redondela, senón tamén detalles como os bancos, a cabina de teléfonos da parada de taxis, ou as esculturas das penlas da praza da Constitución, das que Gene Muíños está especialmente orgulloso.

As maquetas contan con todo luxo de detalles, como o mobiliario urbano ou esculturas

Malia o obxectivo cando comezou a traballar coas maquetas era facelas para si mesmo, foron moitos os que o animaron a expoñer estas obras de artesanía. Finalmente todos os que o desexen poderán velo na sala de exposicións da Xunqueira, unha mostra de grandes dimensións que ocupa boa parte do baixo de edificio. Esta tarde ás 20.00 horas inaugúrasea exposición baixo o título “A nosa pequena vila”, un xogo de palabras polas reducidas dimensións das maquetas a escala (1,5:100) e o nome dun barrio de Estrasburgo, La Petite France.

O nome da mostra é un xogo de palabras que rende homenaxe tamén a La Petite France, en Estrasburgo

A expocisión poderá visitarse ata o 30 de setembro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará