Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O grupo local Cantatorrella preséntase ante o seu público na praza da Casa da Torre

cantatorrella-2.1

O quinteto está formado por Antonio Vidal (guitarras e voz), Myriam Cortizo (acordeón, teclados, clarinete, percusións e coros), Diego Orge (batería e percusións), Mario Blanco (baixo) e Fon Conde na voz. Logo dun primeiro concerto en Chapela, este sábado fan a súa presentación oficial na programación cultural de verán do Concello na praza da Casa da Torre. Será ás 22.00 horas. Prometen música “bailable, cercana e xeitosa” co seu “son torrella”. Rumba, cumbia, rock e letras en galego cheas de historias propias, retranqueiras e poéticas.

Antonio Vidal e Fon Conde fálannos dos estilos musicais de Cantatorrella

En Cantatorrella conviven varias xeracións de músicos, desde os vinte e poucos ata os sesenta anos, o que lle dá “un aquel de veteranía e modernidade”, segundo afirma a propia banda. Arrancan cunha ducia de temas propiose e prométenlle ao público un concerto non só con música, senón tamén “con bo humor, para levantalos das cadeiras e facelos bailar e cantar”. Están en pleno proceso de gravación dos seis primeiros temas do grupo e traballan tamén no que será o seu primeiro videoclip “Preludio”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará