Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Roberto Villar: “A instalación provisional dun cadro eléctrico na fonte de Santigo contaba co permiso de Patrimonio”

Mosaico Fonte2

A celebración o pasado 4 de agosto do Festival de Artistas de Rúa e a Shoping Night organizada polo comercio local fixo necesario instalar un cadro eléctrico na praza de Santiago. O concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar, informa que se trataba dunha instalación “provisional” e que contaba co visto e prace de Patrimonio. O armario eléctrico estivo tres días colocado na fonte e foi retirado polos operarios unha vez rematadas as actividades, e “non pola polémica xerada nas redes sociais, tal como apunta algún medio” explica o responsable municipal.

A fonte de Santiago, que foi restaurada hai dous anos, “conta cunha argola na súa parte traseira que se instalou precisamente para poder pendurar dela calquera elemento necesario de xeito puntual e sen danar a súa estrutura”. Villar sinala que esta alternativa “é mellor que cubrir de cables o chan da praza, xa que suporía máis risco para os peóns, especialmente para as persoas con mobilidade reducida”.

O concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade nega que a instalación do cadro cause prexuízo algún á fonte de pedra, xa que a caixa eléctrica vai pendurada dunha cadea “sen utilizar parafusos ni ningún outro elemento fixo que dane a estrutura”. Lembra Villar que este tipo de instalacións provisionais “téñense realizado en ocasións anteriores”, e afirma que “volverán a realizarse no caso de ser preciso respectando sempre os elementos patrimoniais e sen causarlle prexuízo algún”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará