Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arquivado o caso do mozo que lle trabou un dedo ao avó

policia2

O caso do veciño de Ventosela que semiamputou un dedo ao seu avó dunha trabada quedou arquivado debido a que a familia optou por non declarar en sede xudicial.

A Policía Nacional e a Policía Local detiveran ao mozo, de 26 anos por eses feitos, polos que se lle imputou un suposto delito malos tratos no ámbito familiar. Foi o pasado domingo, despois dunha discusión entre pai e fillo. O avó, que tentou mediar na pelexa, recibiu unha dentada por parte do neto que lle produciu a lesión no polgar da man esquerda.

Unha vez o caso chegou a mans da xustiza, a familia acolleuse ao seu dereito a non declarar, polo que, ante a falta de probas, acordouse o seu sobresemento provisional e arquivo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará